AEROPORTO DE VIGO 2022

AEROPORTO DE VIGO

O Aeropuerto de Vigo pecha 2022 no posto 22 dos aeroportos de AENA por nº de pasaxeiros acadando preto do millón de pasaxeiros, para ser exactos 953.261 pax.,  realizou 13.760 operacións na súa pista (mellor dato da última década), e movéronse ao longo do ano 689.696 Kg en mercadorías.

EVOLUCIÓN 2007-2022

O ano 2022 foi un ano de recuperación, despois da caída en 2020 e 2021 pola pandemia, os datos finais mostran unha evolución cara a volta ao millón de pasaxeiros. (1.129.689 pax. en 2018).

COMPAÑÍAS AÉREAS

A principal compañía en 2022 foi IBERIA (287.449 pax.) seguida de AIR EUROPA (241.694 pax.), e VUELING ( 189.082 pax.)

PRINCIPAIS DESTINOS

En 2022 Madrid un ano máis foi o principal destino (563.437 pax.), seguido de Barcelona (254.679 pax.) e Gran Canaria (37.510 pax.)

¿Queres coñecer máis?

Infórmate aquí o contacta connosco.