VIGO, UNHA CIUDADE CHEA DE EXPERIENCIAS

UN MAR DE VIDA

UN MAR DE NATUREZA

As praias de Vigo e a natureza que rodea a cidade son un dos seus principais atractivos turísticos. Podes gozar simplemente do sol e a praia, pero tamén te recomendamos practicar sendeirismo polos parques forestais, gozar do golf, roteiros ecuestres e deportes de aventura. Mesmo atrévete a descubrir a cidade viaxando en globo, en avioneta, en helicóptero ou facendo parapente. Sacia a túa sede de emocións!

UN MAR DE NÁUTICA

A impresionante Ría de Vigo, as súas praias e, por suposto, as Illas Cíes fan deste destino un dos preferidos para os amantes do turismo náutico. Entre as múltiples opcións podes percorrer a ría e visitar as Cíes en veleiro ou en catamarán, con viaxes ao teu aire ou regulares. Non te perdas os roteiros didácticos polos tesouros do noso mar. E se o teu é o movemento, bota unha ollada ás numerosas posibilidades para practicar surf, mergullo, windsurf ou kitesurf.

UN MAR DE SABORES

Benvido a unha cidade na que o mar salta á mesa case sen intermediarios. Peixes e mariscos son os reis da mesa, pero non te perdas as incribles carnes, produtos da horta e viños con denominación de orixe que poderás degustar nos variados locais da zona. O turista interesado na enoloxía tamén gozará ao máximo nas adegas próximas á cidade e con interesantes cursos e catas.

UN MAR DE CULTURA

Desde as pegadas que deixaron os primeiros visitantes que chegaron a Vigo na Idade de Pedra á arte máis vangardista. Vigo conta con museos e centros de arte para todos os gustos, desde o Museo de Castrelos, con interesantes coleccións de arte e arqueoloxía, ás exposicións do Museo de Arte Contemporánea, de prestixio nacional. Ti elixes o percorrido.

¿Queres coñocer máis?

Infórmate aquí ou contacta connosco.