Bus turístico

O bus turístico é unha opción cómoda e agradable para coñecer os recunchos máis interesantes da cidade. Realiza unha ruta circular que comeza e remata no porto de Vigo e conta con tres paradas: O Castro, o Museo Quiñones de León e Samil. Dispón dun sistema de locución en varios idiomas e os billetes pódense adquirir no propio autobús.


CONDICIÓNS

CALENDARIO:

Todo o ano. En Semana Santa e nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. No inverno, sempre que haxa un cruceiro na cidade.

DURACIÓN:

2 horas aproximadamente. Saídas ás 11.00 e 16.30 horas.

INFORMACIÓN E RESERVAS

VITRASA

986291600

www.vitrasa.es

Para máis información https://www.vitrasa.es/php/index.php?pag=secciones/seccion&seccion=3