SAÍDAS PARA GRUPOS A CÍES, ONS E SAN SIMÓN CON MAR DE ONS
Con máis de 25 anos de experiencia, esta navieira organiza viaxes para grupos ás Illas Cíes desde Vigo, Cangas ou Baiona. Ademais do transporte, ofrece un servizo de acompañamento con guías e monitores para non perder ningún detalle desta magnífica contorna. Á illa de Ons viaxan desde Vigo, Bueu, Sanxenxo e Portonovo, un destino que destaca pola súa singular gastronomía e polo seu carácter enxebre.
Ofrecen tamén a posibilidade de visitar o arquipélago de San Simón e gozar dunha experiencia cultural única na ría de Vigo.
Se dispoñen de pouco tempo, existe a opción de realizar unha pequena xira pola ría de Vigo, para coñecer desde unha perspectiva única os recunchos máis característicos desta máxica ría.
CONDICIÓNS
CALENDARIO:
Todo o ano, a consultar.
DURACIÓN:
Visitas de medio día e de día completo e opción de visitas á ría de Vigo de 2 horas.
INFORMACIÓN E RESERVAS
Rúa A Laxe, nº11, bajo 4. 36202 Vigo (Pontevedra)