Visitas guiadas arredor da pesca
Vigo é a capital española da pesca e todo un referente internacional. A Asociación FUNDAMAR ofrece unha serie de visitas guiadas aos espazos e protagonistas desta industria para aprender a súa historia e apreciar o seu incalculable valor. As visitas poden ser:
- A pé (Porto de Vigo, visita a un barco pesqueiro, a unha planta elaboradora…).
- En autobús (percorrido ata os estaleiros, Bouzas e o Museo do Mar).
- Ruta en barco (historia industrial da ría, antigas conserveiras, bateas, estaleiros de ribeira…).
- Rutas didácticas para escolares.
CONDICIÓNS
CALENDARIO:
Todo o ano
DURACIÓN:
Variable, segundo a ruta seleccionada